| Baixo o concepto de prevención inclúense un conxunto de medidas cuxa finalidade é a de evitar os prexuízos de fenómenos considerados potencialmente perigosos.
Para previr os riscos que poidan afectar á poboación, Galicia conta co servizo
de Protección Civil. O seu traballo consiste en:
> Estudia-los posibles riscos para previlos.
> Saber cómo se deben afrontar para evita-la improvisación.
> Facilita-la coordinación dos equipos de socorro que traballan
en resolver emerxencias.
Para iso, en primeiro lugar, conta cunha serie de plans técnicos para cada tipo de risco, que especifican que tipos de actuación débense desenvolver para salvagarda-as persoas e vos seus bens.
Pero tan importante ou máis que as medidas e actuacións técnicas, son aquelas que permiten crear unha cultura de prevención a partir do coñecemento dos diferentes riscos por parte da sociedade. É básico que os cidadáns estean preparados e formen parte activa de devanditos plans de actuación, e iso só pódese conseguir coa información e preparación necesarias.
|