HOME
ACCIDENTE
Suceso fortuíto dentro dunha actividade industrial capaz de producir danos.
 
 

ACCIDENTE MAIOR
Calquera accidente producido nunha actividade industrial na que está implicada algunha substancia perigosa que supoña unha situación de grave risco para as persoas, o medio ambiente e os bens. Os tipos máis frecuentes son as emisións, verquidos, incendios ou explosións.

AFASTAMENTO
Traslado dun grupo de persoas (poboación) de lugares expostos a lugares seguros, xeralmente pouco distantes, utilizando os seus propios medios.

ALERTA
Difusión dun sinal sonoro ou ben de mensaxes que anuncian que se pode dar un perigo.

BLEVE
Acrónimo da expresión inglesa Boiling Liquid Expanding Vapor Explosion. Tipo de explosión producido polo quecemento externo dun recipiente que conten un líquido a presión, ó perder resistencia mecánica e estanquidade o material da parede. O líquido sae ó exterior.

COMBUSTIÓN
Reacción química pola que determinadas materias que se coñecen como combustibles se consumen en presenza do aire. A manifestación propia desta reacción é unha chama.

CONFINAMENTO
Acción de pecharse nun local totalmente aillado do exterior, preferentemente sen ventás, obturando con coidado as aperturas ó exterior, incluídas as entradas de auga, despois de parar as instalacións de climatización e ventilación.

DANO
Perda de vidas humanas, lesións corporais, prexuízos materiais e deterioro grave do medio ambiente, que se dan como resultado dun accidente.

DISPERSIÓN TÓXICA
Proceso de emisión ou fuga dun produto que se mestura co aire ou co medio acuoso e se estende polo contorno formando unha nube tóxica. Pode ser inflamable ou contaminante das augas superficiais.

DOSE
Cantidade dunha substancia incorporada ós organismos por calquera vía de exposición, normalmente referida á unidade de masa do organismo receptor (por exemplo, mg. de substancia por kg. de peso corporal).

EMISIÓN
Fluído dunha substancia que se escapa do seu recipiente e que se dispersa. Se a cantidade de substancia é importante, non se dispersa con suficiente rapidez e dá lugar á formación dunha nube. Se a substancia que forma esa nube é tóxica e inflamable supón unha situación de risco. Para que a mesma se dea, a concentración da substancia debe superar uns límites determinados, que son diferentes para cada substancia.

EVACUACIÓN
Acción de traslado planificada dun grupo de persoas afectadas por unha emerxencia, a un lugar seguro.

EXPLOSIÓN
Expansión, nun espazo de tempo curto, dunha masa de gas contra a atmosfera que a rodea. Se a enerxía necesaria para a expansión dos gases procede dunha reacción química, dícese que a explosión é química.

INCENDIO

Combustión non controlada de materias inflamables que produce unha determinada extensión.

MEDIDAS DE PROTECCIÓN
Procedementos de actuación e medios humanos e materiais previstos nos plans de emerxencia exterior coa finalidade de evitar ou atenua-las consecuencias dos accidentes maiores.

NUBE TÓXICA
A expulsión accidental de produtos perigosos, polución á atmosfera, a auga e o solo e pode provoca-la formación dunha nube tóxica, é dicir, a propagación en forma de gas ou vapor de concentracións altas de produtos que resulten perigosos para a saúde e a vida.

PLAN DE EMERXENCIA EXTERIOR
Conxunto organizado de estratexias para previr ou mitiga-las consecuencias  dos accidentes maiores (previamente analizados, clasificados e avaliados). Establece as medidas de protección máis axeitadas para cada caso, os recursos humanos e materiais necesarios para a súa aplicación  e o esquema de coordinación das autoridades, os organismos e os servizos que actúan no Plan.

RISCO
O risco é unha medida cuantitativa do nivel de perigo que se pode atopar unha persoa ou un ben nunha situación xeográfica concreta en relación cun determinado tipo de accidente.

TOXICIDADE
Capacidade dunha substancia para causar efectos adversos nos organismos vivos.

VULNERABILIDADE
Sensibilidade que posúen as persoas, o medio ambiente ou os bens, como consecuencia dun accidente. Defínense uns límites a partir dos que os afectados poden sufrir danos debido as súas consecuencias. A estes límites conóceselles como valores límite de vulnerabilidade.

ZONA DE PLANIFICACIÓN
Zona xeográfica onde o risco provocado por un posible accidente maior supera os límites que se establecen para situacións de perigo.
 


Copyright 2008 XUNTA DE GALICIA