| ¿QUÉ FACER EN CASOS DE EMERXENCIA NATURAL?
>TEMPORAIS DE CHUVIA E INUNDACIONS
Se se anuncia un temporal de chuvia na túa zona, escoita a radio e presta atención ás previsións meteorolóxicas.
Se estás na casa ou nun edificio
Pecha ben as portas e ventás.
Conduce os animais domésticos a lugares altos e protexidos.
Coloca os documentos importantes, os obxectos valiosos, os alimentos e a auga potable en pisos altos.
Desconecta o interruptor xeral da electricidade. Non baixes ós sotos nin quedes en zonas de nivel baixo.
Informa as autoridades da túa situación e da túa familia.
Se te atopas no coche
Circula con precaución e vixía posibles desprendementos de terra.
Afástate de pontes torrentes ou zonas que se poidan inundar.
Non atraveses una zona inundar.
Non apárques o coche nin acampes nas beiras dos ríos.
>TEMPORAIS DE NEVE E XEADAS
Se se aproxima un temporal de neve, reúne alimentos, combustible e os medicamentos que sexan necesarios, así coma candeas, lanterna e pilas.
Se estás na casa ou nun edificio
Comproba o estado da túa vivenda, especialmente o tellado e o sistema de calefacción.
Evita que as persoas maiores saian á rúa.
Desconecta os aparatos eléctricos e mantén abertas as billas, para evitar a conxelación das tuberías.
Se debes usar o vehículo
Evita viaxar de noite e non o fagas só.
Circula con precaución.
No frees en zonas xeadas nin fagas cambios bruscos de dirección.
Infórmate antes do estado das estradas.
>TEMPORAL DE VENTOS FORTES
Se estás na casa ou nun edificio
Retira tódolos obxectos do exterior da túa vivenda (plantas, mobiliario, etc.).
Pecha e asegura ben as portas, ventás e persianas.
Escoita a radio e presta atención ós consellos que ofrezan.
Se te atopas no exterior
Camiña preto das fachadas dos edificios e vixía a posible caída de obxectos.
Evita pasar preto de edificios ruinosos, árbores, valados publicitarios e obxectos que poida derrubar o vento.
Se debes usar o vehículo
Circula con precaución e infórmate antes do estado das estradas.
Se debes deixar o vehículo na rúa, apárcao nun lugar protexido do vento.
>TREMORES
No momento do tremor
Na rúa: afástate dos edificios. Se non podes, refúxiate nun portal.
Se te encontras no vehículo: para onde o permita o tráfico e queda dentro.
Nun edificio: busca estructuras fortes.
Non fuxas do edificio durante o tremor.
Despois do tremor
Comproba se estás ferido e presta auxilio ás persoas do teu arredor.
Se hai lume e non podes dominalo, avisa ós bombeiros
Se é posible, pecha as chaves xerais da auga, gas e electricidade.
Ten precaución ó abrir os armarios.
Non fumes nin acendas lume.
Se estás nun edificio, abandónao mantendo a calma e sen te precipitar.
Se estás na casa, lévate a documentación, roupa de abrigo, os teus medicamentos indispensables e unha radio portátil con pilas. Non utilíce-lo ascensor. Pode haber cortes de electricidade.
Diríxete a un lugar aberto e protexido da caída de obxectos.
Anda polo centro das rúas, vixiando o que poida caer.
Evita as zonas costeiras, polo perigo de grandes ondas.
Ten coidado coa auga, podería estar contaminada.
|