HOME
A xeografía, o clima e a riqueza natural e industrial de Galicia convértena nun enclave único, no que se pode gozar de moitísimas vantaxes.

Sen embargo, estas vantaxes que incrementan o noso benestar e calidade de vida, teñen asociados unha serie de riscos.
 

Os riscos cos que convivimos a cotío teñen tres orixes: a natureza, o home e a tecnoloxía.

Os riscos naturais son aqueles que dependen de factores xeográficos e climáticos. En xeral, producen illamento de núcleos de poboación e danos no medio e nos bens.

En Galicia pódense producir os seguintes riscos naturais:

  • Nevadas
  • Inundacións
  • Riadas
  • Xeadas
  • Temporais
  • Choivas torrenciais
  • Sismos
  • Derrubamentos, avalanchas, corremento de terras
  • Seca
   
Os riscos antrópicos son os provocados polo home e adoitan ir asociados a grandes concentracións humanas como:
  1. Romarías
  2. Espectáculos culturais, deportivos, relixiosos, etc.
  3. Grandes superficies de venda
  4. Estadios de fútbol, pavillóns deportivos, etc.

Outros riscos antrópicos van ligados a actitudes indiscriminadas do home como:

  • Incendios urbanos
  • Incendios forestais
 
Os riscos tecnolóxicos son os propios das sociedades desenvolvidas e do progreso industrial como:
  • Os de orixe química
  • Os que comporta o transporte de mercancías perigosas
  • Os accidentes por transporte de viaxeiros
  • Os de orixe nuclear
  • A falta de subministracións básicas:
    > Luz
    > Auga
    > Gas
   
  OS RISCOS COS QUE CONVIVIMOS
A COTÍO TEÑEN TRES ORIXES:
A NATUREZA, O HOME E A TECNOLOXÍA
.
Copyright 2008 XUNTA DE GALICIA